Logo de máis de dous anos en mans dunha xunta xestora ante a falta de candidaturas para dirixir a entidade, o Ateneo Ferrolán volve ter desde este mércores nova xunta directiva. Xabier Montero Dongil será, nos dous vindeiros anos, o presidente da mesma. Estará acompañado por outras sete personas: Luis Calvo (vicepresidente), Sonia Mauriz (Tesoureira), Ana Pernas (contador), Ángeles Delgado (secretaria), Alejandro Rey (bibliotecario) e Florentino Martínez e Ánxeles Seoane (vogais).
Montero Dongil, que leva moitos anos vinculado ao Ateneo Ferrolán, resume en catro liñas os principais obxectivos do mandato, entre os que se inclúe a adecuación dos actuais estatutos ás necesidades e situacións actuais.
Biblioteca
Outro dos propósitos máis inmediatos é “relanzar” a biblioteca e preparala para o regreso ás instalacións dos fondos patrimoniais –en mans agora da empresa que cando foron acometidas as obras no Ateneo encargouse de trasladar e gardar todo o material–, que o novo presidente agarda sexa nuns meses unha vez se resolva a situación xudicial na que derivou o tema.
Como se lembrará, a devandita empresa plantexou unha demanda na que solicita á entidade cultural o pago dunha cantidade inasumible, unha situación que se resolverá coa implicación do propio Concello de Ferrol, tal e como se comprometeu, o que pemitirá recuperar estes fondos.
“Agardamos que nuns meses sexa resolto definitivamente a situación”, comentou onte o presidente.
Trátase dunha valiosa colección bibliográfica (considerada de interés para Galicia) e hemerográfica, que inclúe exemplares únicos de publicacións periódicas de Ferrol dos siglos XIX e comezos do XX.
Coleccións de obxectos e obras de arte forman parte tamén deste patrimonio na actualidad embargado.
A nova xunta directiva tentará así mesmo recuperar varias publicacións, como é o caso da revista “Atenea”, de periodicidade bimensual –lanzarase en principio en formato dixital– así como uns cadernos de reflexión teórica (cuadrimestrais).
Potenciar as múltiples e variadas actividades que se veñen desenvolvendo desde hai anos é outro dos propósitos dun equipo que pretende inciar así “o proceso de normalización” dunha entidade que se define “plural”, apartidista, e que tamén quere recuperar o número de socios, moitos dos cales foron marchando debido á complicada situación pola que pasou nos últimos anos.