“No concerto de hoxe faremos un percorrido polo noso repertorio desde os inicios ata hoxe”

“No concerto de hoxe faremos un percorrido polo noso repertorio desde os inicios ata hoxe”
22 junio 2014 página 16 A Coruña.- Los intagrantes del grupo Luar na Lubre y de la orquesta Sinfónica de Galicia se unieron ayer para ofrecer todo un espectáculo en el Palacio de la Ópera

Con máis de mil concertos en  máis de vintecinco países e quince discos editados, Luar na Lubre, unha das bandas de referencia europeas da música folc,  actuará hoxe no Pazo da Cultura de Narón –20.30 horas–. O seu líder, Bieito Romero, anticipa  a través deste xornal o que poderán ver os espectadores que acudan á cita e tamén a actualidade da súa formación musical.

Que vai ofrecer Luar na Lubre no concerto de hoxe?
Estamos finalizando a xira de Sons da Lubre nas noites de luar do último disco, que saíu no 2012, e imos facer unha retrospectiva da nosa música desde que o grupo se fundou, con incidencia no último traballo editado, que é “Mar Maior”, que é donde se recolle parte da música que tamén irá neste novo disco que sairá en decembro. É un proxecto sinfónico que gravamos en directo coa Orquestra Sinfónica de Galicia aquí no Palacio da Ópera da Coruña, pero o que imos a tocar en Narón basicamente é facer un percorrido polo noso repertorio desde os comezos de Luar na Lubre ata o día de hoxe. Así, tocaremos temas que están incluídos no novo traballo, no que destaca unha suite que fixemos chamada “Torre de Breogán”, pero o que pasa é que está gravada con orquestra sinfónica e, evidentemente, no Pazo da Cultura de Narón non imos estar con orquestra.

Soará moi distinto?
A nosa música é moi particular cun son e un estilo moi propios, pero somos oito músicos en escena e cunha orquestra sinfónica seríamos oitenta. Este é un proxecto que está pensado para medio prazo e “Torre de Breogán” sairá o nove de decembro á rúa, pero mentres tanto nos continuamos facendo o noso repertorio habitual e estes temas estarán aí pero co estilo Luar na Lubre.

En que fase está ese novo traballo?
“Torre de Breogán” xa está feito, está mandado a Alemaña para que o impriman e o editen. O traballo rematouse hai pouquiño, aínda que se gravou na Palacio da Ópera o 21 e o 22 de xuño. Logo houbo que facer a posprodución, pero agora xa está camiño de saír.

Como andan de concertos na actualidade?
Estamos traballando con frecuencia, saíndo de Galicia con asiduidade. É fundamental poder fuxir un pouco do habitual, porque aquí é un territorio moi pequeniño para estar constantemente tocando. Si estamos actuando todos os meses, facendo toda a xeografía. Fai pouco viñemos dunha xira por América; estivemos en Chile e Arxentina, nunha xira importante e probablemente voltemos dentro de pouco por alá.
Como os acolle o público fóra daquí?
Son moi coñecedores do que facemos; é xente que paga un billete para ir ver a Luar na Lubre, tanto en Chile como en Arxentica como en calquera outro lado fóra de Galicia. Saben perfectamente o que van escoitar, coñecen os temas e valoran moitísimo o noso traballo e isto non o digo eu, confirmano as críticas. Encheuse o Ateneo de Bos Aires para ver a nosa música e tamén a Sala Chocolate de Santiago de Chile, así como nos distintos lugares nos que estivemos. E no resto da península tamén nos sentimos moi queridos, a xente paga por ver a música de Luar na Lubre e isto é o fundamental.

“No concerto de hoxe faremos un percorrido polo noso repertorio desde os inicios ata hoxe”

Te puede interesar