Alumnos de cinco centros da comarca tomarán parte no Campionato Galego de FP

A comarca de Ferrolterra estará un ano máis moi ben representada no Campionato Galego de Formación Profesional Galicia Skills 2016 que a vindeira semana, entre o mércores 30 e o venres 2 de decembro, terá lugar no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.
Alumnos do CIFP Ferrolterra así como dos IES de Fene, Ortigueira, Fraga do Eume e Leixa, competirán nalgunha das 17 especialidades nas que se desenvolverá a cita e que se corresponden con un ou máis ciclos das diferentes familias profesionais. Os gañadores en cada unha delas pasará a formar parte do equipo de alumnos e alumnas que representará a Galicia na proba estatal, a celebrar do 27 de febreiro e ata o 4 de marzo do vindeiro ano.
O Galicia Skills ten por obxectivo poñer en valor o traballo dos centros, tanto dos profesorado como do alumnado, de Formación Profesional, tendo en conta que se trata dunha formación cada vez máis especializada, vinculada ás necesidades da sociedade e dos sectores produtivos e que aposta polo emprendemento e a innovación para favorecer a inserción laboral do alumnado.
Así o salientou onte o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, no acto de presentación do devandito campionato.
O número de participantes elévase a 100, procedentes de 40 centros educativos da comunidade e preparados por 77 profesore. Os estudantes medirán os seus coñecementos e destrezas a no decurso dunha competición que, por primeira vez, terá lugar nun único recinto e ao mesmo tempo –ata agora desenvolvíase en diferentes centros educativos e distintos días ao longo do mes de outubro–.

Alumnos de cinco centros da comarca tomarán parte no Campionato Galego de FP

Te puede interesar