“Vivimos momentos malos polo escaso financiamento da universidade pública”

“Vivimos momentos malos polo escaso financiamento da universidade pública”
Visita del Rector a la Facultad de Ciencias del Trabajo

A universidade, ao igual que a sociedade en xeral, vive momentos difíciles. Por iso cómpre reflexionar. Compartir opinións e intercambiar ideas entre todos os integrantes da comunidade universitaria co obxectivo de analizar as actuais políticas en materia do ensino superior, o modelo que se quere de universidade ou a xestión da mesma, en xeral. Con esta finalidade, o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luis Armesto, leva meses percorrendo as diferentes escolas e facultades que integran a institución académica que preside. 
Logo de rematar a pasada semana o seu periplo polos centros do campus herculino, onte comezou coas visitas no de Ferrol. Deseño Industrial, Ciencias do Traballo e  Enfermería e Podoloxía foron os seus primeiros destinos. A vindeira semana voltará á cidade naval para achegarse aos tres centros restantes: as dúas escolas politécnicas –a de Serantes e a de Esteiro– e Humanidades.

situación
Minutos antes de comezar a reunión en Ciencias do Traballo, e preguntado por este xornal en relación ao presente e futuro do campus ferrolán, o reitor salientou que “é moi similar” ao da universidade española en xeral. “Estamos vivindo malos momentos polo financiamento insuficiente da universidade pública, polas taxas de reposición que establece a Lei de Orzamentos do Estado –que a limita ao 10%–, pola intervención quizais excesiva do goberno autonómico e estatal na xestión, que dificulta a autonomía universitaria. Son momentos difíciles como está pasando na sociedade en xeral e penso que todos necesitamos reflexionar e buscar solucións para os problemas”, apuntou Xosé Luis Armesto.
Dentro deste contexto, o máximo responsable do goberno da UDC salientou que en Ferrol, dentro das súas peculiaridades, “afortunadamente temos boa colaboración. Co Concello, por exemplo, resolvimos o tema da residencia dunha maneira eficiente e razonable e temos sobre a mesa proxectos de colaboración que temos que estudar e analizar –non quixo avanzar ningún detalles dos mesmos–. Hai que ir analizando as posibilidades existentes para non caer en erros como tivemos noutros casos, que estivemos falando 20 anos dun proxecto que nunca se levou a cabo”.
Armesto tamén incidiu nalgunhas das prioridades actuais dos orzamentos da institución académica e que se sitúan no plano dos integrantes da comunidade universitaria, tanto no PAS (Persoal de Administración e Servizos) e o PDI (profesores e investigadores) –“que é o noso talento e o noso valor”, dixo o reitor–, como nos estudantes.

axudas
As axudas para este último colectivo supoñen 1,5 millóns de euros. “Trátase de fondos que estamos reorientando ás novas necesidades que aparecen agora e que non había hai uns anos, que é xente que non pode pagar a matrícula, que non ten acceso a bolsa. Estamos reorientando as nosas axudas para paliar eses efectos perversos desas normas dos dectretos de taxas e bolsas”, manifestou. n

“Vivimos momentos malos polo escaso financiamento da universidade pública”

Te puede interesar