O Teatro Jofre de Ferrol acollerá hoxe, por primeira vez, un acto de investidura como Honoris Causa. A profesora da Universidade de Toronto Denise Gastaldo recibirá a máxima distinción da Universidae da Coruña nunha sesión prevista para as 12.00 horas e na que participarán arredor de trescentas persoas. Ao remate actuará Guadi Galego.
A docente, nada en Porto Alegre (Brasil) ten colaborado nos últimos dez anos, en numerosas ocasións, cun grupo de profesoras da Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus de Ferrol vinculadas ao Laboratorio de Investigación Cualitativa en Ciencias da Saúde pertencente ao Grupo de Investigación Grincar. Precisamente o pasado xuño permaneceu uns días na cidade para continuar nesta liña.
A súa actividade investigadora céntrase no estudo da saúde como fenómeno social, afondando nos seus estudos en como se produce a saúde a través dos procesos sociais, políticos e económicos, sinalando a migración e o xénero como factores determinantes. Hoxe sumarase á lista de Honoris Causa da UDC. l