A música adiántase en Recimil que organiza a nova edición da súa semana

A música adiántase en Recimil que organiza a nova edición da súa semana

A XVIII edición da Semana da Música de Recimil comeza este martes 22 baixo a carpa instalada na praza de Sevilla e a organización da asociación cultural Juan Frade e a AVV do Pilar. O cambio de data é a gran novidade da cita deste ano, xa que se adianta desde a segunda semana de novembro a este mes, debido, segundo a organización, a “cuestións meteorolóxicas”.
Polo demais a celebración segue as mesmas pautas que as anteriores citas. O martes ás 20.00 horas o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, fará o pregón do encontro musical que abrirá de inmediato a Banda Ferrolá de Música que dirixe Narciso Pillo. O mércores tamén ás 20.00 horas, con presentación a cargo de Antonio Ruibal “Caruso”, actuará a coral polifónica do CPS de San Valentín, dirigida por Mirian Díaz-Pareja; a rondalla Añoranzas, que dirixe Pascual Montesinos, e a rondalla do Club de Campo á fronte da que está Manuel Couce Fraguela. 
O xoves 24 o fotógrafo Juanjo Antón presentará á coral polifónica Armonía, que dirixe Miguel Brotóns, a cedeiresa coral Eixil, baixo a batuta de Javier Díaz Carrasco, e a rondalla Bohemios, con José Miguel Calabuig. 
Finalmente, o venres 25, derradeiro día do evento,  José Antonio García Pérez, membro da organización, presentará ao Real Coro Toxos e Froles, que dirixe Manuel Amorós, a coral Diapasón, con Juan Brage, rematando o Proxecto Vocal Concerto Tempo, con José Antonio García Mato. n

A música adiántase en Recimil que organiza a nova edición da súa semana

Te puede interesar