Un total de 22 ponencias analizarán a Hildegart no congreso do Ateneo

Un total de 22 ponencias analizarán a Hildegart no congreso do Ateneo
Diario de Ferrol-2014-10-19-011-2421f72d

Entre o 5 e o 8 de decembro o Ateneo Ferrolán organiza o congreso polo centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-1933) a activista asasinada pola súa nai nunha historia que leva fascinando ao público durante décadas. Finalmente foron 22 os traballos seleccionados para presentarse a este congreso que incluirá a presenza de investigadores procedentes de diversas partes do mundo, desde o propio Ferrol, Galicia e España ata de países como Estados Unidos, Francia, Australia e Portugal, un feito que representa a repercusión internacional da figura de Hildegart e tamén da riqueza dos temas derivados da súa vida.
No Congreso participarán outras persoas que teñen traballado sobre a figura de Hildegart, como a historiadora ferrolá Rosa Cal, o psiquiatra Guillermo Rendueles, a autora teatral Marga do Val ou o escritor ferrolán Henrique Dacosta. No marco do Congreso vaise presentar tamén en Ferrol a curtametraxe “The Red Virgin” (2011), da directora canadiense Sheila Pye e probablemente se proxecte tamén a película de Fernando Fernán Gómez “Mi hija Hildegart” (1977). Todos os actos terán lugar en Ferrol cun peche de congreso cun acto de homenaxe popular a Hildegart Rodríguez Carballeira.

exposicións
No mes de decembro, en paralelo ao Congreso, van facerse dúas exposicions no Ateneo Ferrolán relacionadas con Hildegart, unha delas será unha exposición en paneis facendo un percorrido pola vida e os temas relacionados cos traballos de Hildegart, e a outra será unha exposición de obxectos e libros relacionados con esta malograda activista social. O Ateneo está rematando tamén un libro no que se recollen todos os artigos xornalísticos publicados por Hildegart no xornal “La Tierra” nos tempos inmediatos á súa morte; o devandito libro será presentado pola entidade no vindeiro mes de novembro.
Nestes momentos, o Ateneo Ferrolán está tentando sumar a diversas institucións e entidades ao Congreso, para difundir ao máximo a figura de Hildegar Rodríguez Carballeira, e coa idea de que as exposicións e algunhas conferencias poidan levarse adiante noutras localidades galegas. O Congreso conta cunha páxina web, http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/ na que se van colocar informacións e materiais. n

Un total de 22 ponencias analizarán a Hildegart no congreso do Ateneo

Te puede interesar