Apres Ferrolterra dá por rematada a folga de fame

Apres Ferrolterra dá por rematada a folga de fame
aymerich e jorquera d.a.

Quince días despois de iniciar a folga de fame por quendas no local social da asociación de veciños de Santa Mariña do Vilar, o colectivo de afectados polas participacións preferentes e subordinadas das entidades bancarias deron por concluída a protesta.

O voceiro do grupo, Manuel Zebral, expresou a súa satisfacción pola implicación dos membros da plataforma á que representa na mobilización e polo impacto mediático que tivo desde o mesmo momento en que decidiron levar adiante esa protesta, na que, como se sabe, reclaman a devolución íntegra dos seus aforros, rexeitando así as quitas propostas polo Goberno central. “Non somos inversores, senón aforradores”, lembrou onte Zebral.

Oito persoas rotáronse durante estas quince xornadas de protesta, o que supón, sinalou o portavoz do colectivo, que cada un dos afectados pasou 48 horas sen comer. Nesa liña, Zebral lembrou que esta acción inscríbese na liña trazada pola coordenadora de asocaciacións galegas afectadas polas preferentes e subordinadas. “Demostramos”, engadiu, “que temos unha base firme para continuar coas próximas mobilizacións, posto que, ademais dos que protagonizamos a folga, recibimos moito apoio da xente”.

Tamén os grupos políticos visitaron o local de Santa Mariña para trasladarlles a súa solidariedade, como os concelleiros do BNG en Ferrol Iván Rivas e Mercedes Tobío, así como os deputados autonómicos da mesma formación, Francisco Jorquera e Carlos Aymerich, e o de Alternativa Galega de Esquerda Antón Sánchez.

O venres, os afectados da provincia da Coruña protestarán diante da Audiencia Provincial para lle esixir á Xustiza celeridade neste asunto.

Apres Ferrolterra dá por rematada a folga de fame

Te puede interesar