Os mariscadores a flote da ría enviaron 1.400 quilos de bivalvos a depurar nas bateas de San Carlos

Os mariscadores a flote da ría enviaron 1.400 quilos de bivalvos a depurar nas bateas de San Carlos
a zona c das pías abriuse onte logo de dous meses pechada j.meis

A primeira xornada de faena nas zonas C da ría trala parada da reinstalación dos dous últimos meses concluíu coa extracción de máis de 1.400 quilos de bivalvos que xa se atopan nas bateas de Punta San Carlos para reducir a súa carga microbiana.
En concreto, os mariscadores dos pósitos de Ferrol e Barallobre que optaron por traballar na zona C do banco das Pías –tamén estaba aberta a parte externa da ría, agás as enseadas de Santa Lucía, O Baño e Laxe– apañaron 1.366 quilos de ameixa babosa, algo máis de 30 de fina, 17 de xapónica e catro de ostra. Hoxe e mañá volverán faenar na mesma autorización.
A planificación actual da extracción a flote reserva cambios para os xoves e os venres. En ámbalas dúas xornadas péchase a zona C das Pías, ábrese a B e permanecen dispoñibles as zonas libres da parte externa, desde Punta Promotoiro e Punta do Martelo cara á desembocadura.
Se non hai imprevisto, o mércores da semana próxima saberase se o marisco depositado nas bateas está en condicións de venderse nas lonxas.

Os mariscadores a flote da ría enviaron 1.400 quilos de bivalvos a depurar nas bateas de San Carlos

Te puede interesar