Pontedeume celebra hoxe a súa Festa dos Maios

Pontedeume celebra hoxe a súa Festa dos Maios
Maios pontedeume

Pontedeume celebra hoxe a Festa dos Maios seguindo o programa de cada ano. A actividade comezará ás 17.30 hora coa concentración nos xardíns de Lombardero, para media hora despois comezar un pasarrúas cara á Alameda, onde estarán os maios expostos e onde os colexios lerán as súas coplas, preparadas para a ocasión. A continuación actuará o grupo folclórico Orballo, en torno ás 19.15 horas, cun repertorio que inclúe a Muiñeira de Freixa, Joza do Oza, Muiñeira de Ferrieros e danza de Donas e Galáns. A entrega de premios está prevista para unha hora despois, con recompensas que van desde os 70 ata os 175 euros.

narón e ortigueira
Os maios serán os protagonistas en toda Ferrolterra tamén durante a fin de semana. En Narón, na parroquia de Piñeiros, as actividades principais desenvolveranse este sábado, día 3, tamén con concentración de maios, desfile e a realización dun mosaico floral. Ortigueira prepara a súa festa para o xoves 8 e en Canido comezan hoxe mesmo as celebracións, cunha festa que terá o seu cenit o domingo. En Catabois serán a fin de semana próxima.

Pontedeume celebra hoxe a súa Festa dos Maios

Te puede interesar