A Universidade Senior lembra que aínda hai prazas para 1º e talleres

A Universidade Senior lembra que aínda hai prazas para 1º e talleres
universidad senior inaguracion /

A Universidade Senior do campus de Ferrol informa de que aínda hai prazas vacantes para o 1º curso, así como para os talleres Europeo e Literario. Este último é a primera vez que figura na oferta da institución.
En concreto, para os alumnos que queiran principiar este ano os seus estudos teñen de prazo até o 20 de setembro para realizar a preinscrición nos talleres. Poden facelo no Edificio de Apoio ao Estudo, no teléfono 981 33 74 00 ou no enderezo electrónico secretaria.senior.ferrol@udc.es.
As matrículas formalizaranse entre o día 30 deste mes e o 4 de outubro. Este mesmo prazo é o que se establece para apuntarse como oíntes non só nas materias da Universidade Senior, senón tamén nas da Facultade de Humanidades.
Estes estudos constan de 4 cursos de 36 créditos. Cada curso ten dúas materias obrigatorias e mais unha optativa. n

A Universidade Senior lembra que aínda hai prazas para 1º e talleres

Te puede interesar