A Peña asturiana Les Fabes recoñece o labor do albergue “Pardo de Atín”

Fabe de Prata ó refuxio Pardo de Atín de Caranza
|

A peña asturiana Les Fabes, que preside José Ramón Carerras, entregou onte no Centro Torrente Ballester o seu máximo galardón, a “Fabe de Plata”, a unha entidade merecedora de tal distinción, o refuxio albergue “Pardo de Atín”, da Fundación Santo Hospital de Caridade. Nunha abarrotada capela, o  presidente entregou o galardón, unha placa e unha escultura de Rafael Nadales, ao irmán maior Alberto Lens. O acto rematou coa interpretación dos himnos galego e asturiano a cargo do Toxos e Froles.
O albergue do hospital Juan Cardona de Caranza, acolle a persoas sen fogar, que non teñen onde durmir. En 2013 atendeu a 321 demandantes, que se traducen en 12.594 estancias ao longo do ano. No perfil dos seus usuarios o máis habitual é atoparse a homes españois entre os 43 e os  52 anos.

entidade con tradición
A peña Les Fabes naceu no ano 1990 a cargo dun grupo de asturianos afincados en Ferrol e comarca, para non botar tanto de menos a súa terra. En xuño de 2007 decidiron crear a Asociación Asturiana de Ferrolterra, Peña Les Fabes, como agrupación Gastronómica e Cultural que conta na actualidade con máis de trescentos socios.
Nesta segunda etapa, a de onte é a sétima entrega da “Fabe de Plata”. n

A Peña asturiana Les Fabes recoñece o labor do albergue “Pardo de Atín”