O fomento da participación xuvenil, obxectivo do proxecto de Xeración Asociación Cultural

O fomento da participación xuvenil, obxectivo do proxecto de Xeración Asociación Cultural
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-e8d81e44_1

Naceu hai dous anos co obxectivo, entre outros, de formentar a participación xuvenil, de “activar” á mocidade na busca de “alternativas” fronte á crise actual, de contribuír ao desenvolvemento tanto persoal como laboral dunha xeración que algúns denominan “perdida” mais que aspira a mudar as cousas.
Isto é polo menos o que persigue Xeración Asociación Cultural, un colectivo con sede en Narón que esta tarde –20.00 horas no Ateneo Ferrolán– presentará o seu último proxecto.
Baixo o título “The found generation” (A xeración atopada) artellaron un documental, dunha media hora de duración, con entrevistas a mozos activos (emprendedores, artistas, activistas...) “que teñen unha historia inspiradora que compartir”.

idea
A idea consiste en dar a coñecer ideas que están a funcionar a todos aqueles mozos que, tras rematar os estudos, “non saben que facer coa súa vida”.
Os protagonistas son menores de 30 anos de Galicia, Lisboa e Kalamata (Grecia), os tres socios implicados nesta iniciativa emarcada no programa europeo Erasmus +.
Ademais da peza audiovisual –gravada en inglés con  subtítulos en español, grego e portugués, a sesión desta tarde no Ateneo Ferrolán incluirá unh presentación do proxecto así como un concerto en acústico de músicos locais.
A velada, que levará por título “Made in Ferrol”, será de entrada libre.
Xeración Asociación Cultural, que extendeu as súas redes con dúas novas sedes en Valencia e Madrid, continúa a traballar en novas propostas de carácter internacional –promoven, por exemplo, a estadía de prácticas formativas no estranxeiro, seminarios formativos ou intercambios xuvenís– con outras de dimensións locais, ás que queren dar un pulo.

O fomento da participación xuvenil, obxectivo do proxecto de Xeración Asociación Cultural

Te puede interesar