Noela Rivas Cantelar gaña o Concurso Novos Talentos de Relato Curto de Coca Cola

Noela Rivas Cantelar gaña o Concurso Novos Talentos de Relato Curto de Coca Cola
Diario de Ferrol-2016-05-22-013-d47e8050

Noela Rivas Cantelar, do IES Arcebispo Xelmirez I de Santiago de Compostela, gañou a 8.ª edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto, no acto que tivo lugar no antigo Hospital de San Roque, actual sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Os finalistas provinciais do sector de Ferrol foron:  Álvaro Pérez Pérez do IES Punta Candieira de Cedeira, Sara Romaní Yañez do IES Canido de Ferrol e en primeiro lugar Verónica Rodríguez Martínez do CPI Conde de Fenosa de Ares.
Todos eles foron premiados con diferentes agasallos como recoñecemento ao seu talento. Á entrega de premios asistiron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Nancy Vázquez, vicerreitora de Oferta Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña. 
Nesta edición participaron mais de 300 rapaces galegos, de entre case 100 centros escolares, que amosaron os seus dotes literarias durante a celebración da proba escrita, que tivo lugar o 11 de marzo, nas que os participantes debían basearse para a composición dos seus relatos nun estimulo narrativo.
Os novos escritores tiñan que compoñer un relato curto no que non podían superar a extensión de dous folios polas dúas caras. E tiñan dúas horas para elaboralo.
Agora, Noela, xunto cos gañadores do Concurso en castelán, viaxará a Madrid á entrega de premios, onde terá oportunidade de participar nun campus no que poderá gozar de distintas actividades, como exposicións, espectáculos, etc, e tamén nun dun curso de escritura creativa no que aprenderá a desenvolver as súas aptitudes e novos trucos para perfeccionar a súa técnica. Unha viaxe a Londres completará o seu premio.
O Concurso Novos Talentos de Relato Curto é un certame literario que convoca Coca-Cola anualmente co fin de fomentar a escritura creativa entre os máis novos. Nel poden participar rapaces de 2º da ESO, sempre que non superen os 16 anos de idade. O concurso ten convocatorias noutros territorios como Cataluña, País Vasco, Baleares e Andorra, así como tamén o concurso en castelán que vai pola súa 56.ª edición.

Noela Rivas Cantelar gaña o Concurso Novos Talentos de Relato Curto de Coca Cola

Te puede interesar