Ferrol réndese aos libro cunha feira chea de actividades ata o sábado

Ferrol réndese aos libro cunha feira chea de actividades ata o sábado
Diario de Ferrol-2019-04-24-011-4bb8640e

A literatura invade desde onte a praza da Constitución de Ferrol con motivo da celebración da Feira do Libro, que onte pola tarde foi inaugurada co pregón da escritora Ánxela Loureiro e a actuación do Real Coro Toxos e Froles.

Doce postos, entre os institucionais e os correspondentes a librarías e editoriais permanecerán no Cantón ata o sábado para achegar ao público todas as novidades editoriais e para ofrecer descontos do 10% nas compras e rifas para varios sorteos. Onte, ademais, coincidindo co propio Día do Libro, entregouse un caravel por cada compra efectuada.

De dar vida aos expositores encargaranse, xunto aos propios libros, os máis de trinta autores que aproveitarán a cita para presentar e asinar as súas obras-

Firmas
Hoxe, por exemplo, será a quenda para os coordenadores do libro “Memoria histórica do barrio de Canido”, Juan Burgoa e Guillermo Llorca –19.00 horas– así como para o ferrolán Alberte Momán, que ás 20.00 horas falará do seu último libro de poemas. Miguel Anxo Romero asinará “Poemas con canela”.

Desde onte e ata o sábado, último día da feira, o programa reservará tamén espazo para outras actividades e propostas, como as dirixidas ao público infantil, coas que se pretende achegar á feira a todo tipo de público.

Ferrol réndese aos libro cunha feira chea de actividades ata o sábado

Te puede interesar