O Odeón Bulevar Festival amplía o seu programa con dous días de música e unha festa infantil

O Odeón Bulevar Festival amplía o seu programa con dous días 
de música e unha festa infantil
De esquerda a dereita, Diego Abad, Pablo Villamar, Mar Gómez e Francisco Paz

A cuarta edición do Odeón Bulevar Festival organizado polo Concello de Narón e doce establecementos de hostalería da zona da Gándará chegará os días 1 e 2 de agosto con varias novidades. A primeira, a ampliación do programa a dúas xornadas na que a música será a protagonistas. A segunda, a celebración dunha gran festa infantil na zona da rúa Cataluña, o día 1 a partir das 17.00 horas, con atraccións para nenos e nenas, música e unha gran festa da escuma.
A iniciativa foi presentada onte no Concello naronés pola concelleira de Festas, Mar Gómez; o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar; e dous representantes do sector hostaleiro da zona, Francisco Paz e Diego Abad.
O primeiro dos días, ademais da devandita festa infantil, terá lugar ás 21.00 horas o Rocki’Odeon, coa actuación dos grupos Five Strings Band, cuxos integrantes son da zona de Ferrolterra e que presentarán o seu novo disco “Everlasting Love”. Tamén actuarán Vandallica, de Vigo, con tributos de Metallica e Debosses, e neste caso cun tributo a Bruce Springsteen.
O xoves día 2 terá lugar a xornada central do festival cun repaso pola música da década dos 80 a cargo de míticos grupos como La Guardia e Los Limones e no que tamén actuará o grupo ferrolán Nuevo Plan e Malditos Pendejos, a partir das 21.30 horas.
Todos os concertos e actividades son completamente de balde.
A cita, tal e como salientaron onte os organizadores, ten entre os seus obxectivos a revitalización e dinamización do sector hostaleiro da zona.
O Centro Comercial Odeón colaborará un ano máis cos organizadores poñendo a disposición do evento o estacionamento soterrado das instalacións. l

O Odeón Bulevar Festival amplía o seu programa con dous días de música e unha festa infantil

Te puede interesar