“Comendo pementos de Padrón con Tarantino” despídese do público no Auditorio de Narón

“Comendo pementos de Padrón con Tarantino” despídese do público no Auditorio de Narón
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-4702a899

Carrachanacacha despídese hoxe, ás oito da tarde, de “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” no mesmo sitio no que comezou, no Auditorio de Narón (praza de Galicia), un 13 de xuño de 2009. Máis de 60 actuacións despois esta obra, que acumula sobre si grandes fitos como o de ser a primeira peza teatral que escribiu e dirixiu Leandro Lamas ou o de estrear dentro da asociación O Aturuxo de Melpómene proxectos independentes dos seus membros como a compañía Carrachanacacha, que botaba a andar con esta montaxe. Outros socios agruparíanse despois en Devanceiro Teatro. “Con ela inaugurouse un novo tipo de proxectos”, explican desde a asociación que agrupa a exalumnos da Escola de Actores e Actrices de Narón. “Dabamos cabida a todos aqueles socios e socias que quixeran escribir e dirixir obras de teatro tendo como elenco a xente da asociación”.
“Comendo pementos...” é unha “comedia agropunk” que presenta a dúas mulleres, nai e filla, no seu particular camiño cara a fama mundial. Sobre o escenario estarán María Veiga, Gena Hernández, Antonio Estévez e Quique Vázquez.
Con esta función péchase o ciclo de teatro afeccionado que O Aturuxo de Melpómene desenvolveu nas últimas semanas no Auditorio naronés, en o que incluíron ademais a estrea da súa montaxe para esta temporada, “Desencaixados”. Por iso, despois do espectáculo farase o sorteo de dúas entradas para calquera das funcións profesionais que se ven no Pazo. As rifas entregáronse en cada espectáculo ó longo do ciclo. Tamén, por ser a despedida, ademais do agasallo habitual a tódolos espectadores, haberá un especial en lembranza de “Comendo pementos...”. n

“Comendo pementos de Padrón con Tarantino” despídese do público no Auditorio de Narón

Te puede interesar