Os xornalistas liberados en Siria reciben mañá o José Couso en Ferrol

Os xornalistas liberados en Siria reciben mañá o José Couso en Ferrol
31 marzo 2014 página 18 MADRID, 30/03/2014.- El periodista de El Mundo Javier Espinosa (d) y el fotógrafo catalán "freelance" Ricardo García, durante la rueda de prensa que ofrecieron esta tarde en la redacción de El Mun

Os xornalistas españois secuestrados en Siria en setembro e liberados hai unhas semanas Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas recollerán mañá mércores, en Ferrol, o X Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Será nun acto que se celebrará no Jofre e que concluirá co Concerto para a Liberdade, un repertorio interpretado pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave que inclúe “O mencer dos soños”, de Xabier de Paz, o Concerto para violín en mi menor de Mendelssohn e a Sinfonía nº 4, “Italiana”, do mesmo compositor. Tocará como violinista solista Sara Areal, intérprete tudense de 18 anos. Antes, seguindo o guión doutros anos, realizarán unha ofrenda floral na escultura Ás Ceibes, de Manuel Patinha, ubicada no Cantón e cuxa réplica en menor tamaño se entrega ós gañadores. Ademais, pola mañá serán recibidos no Concello polo alcalde e firmarán o Libro de Ouro.
O Premio José Couso outórgano os membros do Club de Prensa de Ferrol e do Colexio de Xornalistas de Galicia, co patrocinio da Obra Social La Caixa, a proposta de calquera entidade ou persoa vencellada cos medios de comunicación. Serve para chamar a atención sobre o traballo individual ou colectivo de xentes que destacan pola defensa da liberdade de prensa no exercicio do seu labor profesional. Por iso na edición deste ano, entre outras candidaturas, resultou vencedora a que presentaba a tres xornalistas que no momento en que se convocou o premio estaban secuestrados en Siria. Os tres confirmaron a súa asistencia ós actos de mañá dado que Marginedas, redactor de El Periódico, foi liberado o 2 de marzo, e o fotoxornalista freelance Ricardo García Vilanova xunto co enviado especial de El Mundo Javier Espinosa recuperaron a liberdade o 29 de marzo.
A asistencia a este acto no Jofre (ás oito da tarde) é libre, aínda que é preciso recoller as invitacións na taquilla.

Os xornalistas liberados en Siria reciben mañá o José Couso en Ferrol

Te puede interesar