Nova Galega de Danza condensa dez anos de traballo no Pazo da Cultura

Nova Galega de Danza condensa dez anos de traballo no Pazo da Cultura
Imaxe da estrea do espectáculo, o pasado setembro, no teatro Rosalía de Castro javier albores

Nova Galega de Danza volve a Narón mañá sábado (ás 20.30 horas) para amosar o seu novo espectáculo, “Dez”, que estrearon en setembro e co que están a xirar por todo o país. Nel recollen 17 pezas que condensan o mellor da súa traxectoria, na que se inclúen os espectáculos “Alento”, “Engado” e “Tradicción”, cos que abriron unha nova vía de traballo para a danza contemporánea, con sólidas bases na tradicional.
Vicente Colomer e o ferrolán Jaime Pablo Díaz están detrás deste prestixioso proxecto, como coreógrafos dun corpo de baile no que hai tamén outras cinco persoas. Outra seña de identidade da formación é a música, que compoñen Xosé Lois Romero e Pedro Lamas e que interpreta unha banda en directo.
A selección das mellores coreografías do seu repertorio ten unha nova lectura, enriquecida nesta década de traballo.

Nova Galega de Danza condensa dez anos de traballo no Pazo da Cultura

Te puede interesar