Os programas formativos básicos manteñen o índice de inserción laboral no 30%

Os programas formativos básicos manteñen o índice 
de inserción laboral no 30%
O acto de clausura do curso nestes programas formativos tivo lugar onte no Carvalho Calero | jorge meis

Os programas formativos básicos desenvolvidos desde o ano 2001 na comarca de Ferrolterra nunha modalidade que conta coa implicación das Consellerías de Traballo e Educación, a través da implicación de varios institutos, seguen a manter nun 30% o grao de inserción laboral.
Dos 75 alumnos matriculados este ano –as solicitudes superaron as duascentas–, 44 remataron positivamente os programas. Destes, un total de 22 acadaron un posto de traballo nalgunha das empresas colaboradoras e nas que tiveron oportunidade de realizar as súas prácticas formativas entre xaneiro e xuño. Estas estadías son, precisamente, unha das grandes fortalezas duns programas dirixidos a desempregados entre 16 e 30 anos que non teñan o título de ESO.
As especialidades ofertadas este ano foron as de Industrias Alimentarias, Actividades Auxiliares de Comercio, Limpeza de Superficies e Mobiliario, Hostalería e Actividades Auxiliares de Almacén. Ademais da formación ofrecida nos institutos Ferrol Vello, Catabois, Canido e Fernando Esquío de Neda, os estudantes recibieron tamén actividades prácticas en diferentes centros de traballo.
Onte, o centro cultural Carvalho Calero acolleu o acto de clausura do curso, no que se procedeu á entrega de diplomas aos estudantes. Tamén se deron cita os representantes dos institutos participantes e das empresas colaboradoras. l

Os programas formativos básicos manteñen o índice de inserción laboral no 30%

Te puede interesar