O pintor González Collado recibe hoxe a distinción de Fillo Predilecto da Cidade

Estudio de González Collado Inauguración exposición Desde mi ventana
|

O pintor José González Collado, o único representante vivo aos seus 88 anos dunha xeración de grandes pintores ferroláns do século XX, recibe hoxe no Concello o título de Fillo Predilecto de Ferrol nun acto institucional. Unha distinción en recoñecemento a súa ampla e frutífera obra pictórica así como a extraordinaria traxectoria artística e o seu compromiso coa cidade. O variado acto institucional terá lugar no Pazo Municipal a partir das 12.00 horas.
O conxunto da corporación municipal de Ferrol acordou, en sesión plenaria celebrada o 27 de novembro de 2014, conceder a González Collado a máis alta distinción que a cidade outorga ás persoas nadas na propia localidade. O alcalde ferrolán, Jose Manuel Rey Varela, destacou onte mesmo que este artista ferrolán “é memoria presente de case un século da nosa cultura”. Así mesmo, o rexedor municipal fixo fincapé no feito de que “a nosa cidade é o marco da maior parte da súa obra e, sobre todo, os seus murais forman parte da paisaxe sentimental de Ferrol e comarca”.
O alcalde local resaltou tamén que González Collado “levou o nome de Ferrol ao longo de toda a súa traxectoria artística por cidades tan importantes como Madrid ou París a través de exposicións internacionais e recibindo numerosos premios e recoñecementos pola súa obra pictórica”.
Por último, o Rey Varela lembrou que este artista fixo unha cesión en depósito ao Concello dunhas 200 obras e a pkl-jkljkljosta en marcha da fundación do artista, traballo impulsado desde Diario de Ferrol.

O pintor González Collado recibe hoxe a distinción de Fillo Predilecto da Cidade