Ortigueira solicitará ante a Demarcación de Costas a cesión do eucaliptal de Morouzos

Ortigueira solicitará ante a Demarcación de Costas a cesión do eucaliptal de Morouzos
CUL59. ORTIGUEIRA (A CORUÑA), 12/07/2012.-Llegada de los campistas a la zona de acampada de la playa de Morouzos para asistir a la XXVIII Edición del Festival internacional del Mundo Celta de Ortigueira, que comienza hoy.EFE/Kiko Delgado

, en materia económica, como a redistribución de partidas improdutivas e tamén de corte medio ambiental como a solicitude a Costas da cesión do eucaliptal de Morouzos, entre outros asuntos.
Así, a corporación apoiou cos seus votos a proposta do goberno para tramitar diante da Demarcación de Costas a cesión ao Concello do eucaliptal situado na praia de Morouzos. Para avalar a solicitude preséntase un plan de xestión que permitirá mantelo acondicionado e evitar que poida sufrir incendios ou pragas. No documento establécese tamén a recuperación deste espazo como área natural para uso da veciñanza e, durante o Festival Celta, como zona de acampada, preservando así o ecosistema dunar, como apuntan desde o Concello.

Polo que respecta ao Plan de Igualdade de Oportunidades, aprobado igualmente na sesión, desenvolverase entre este ano e o 2022 e contou para o seu deseño coa colaboración dos axentes sociais e as técnicas do Centro de Información á Muller. Trátase dunha ferramenta que guiará as políticas de igualdade nos vindeiros anos e contribuirá tamén a loitar contra a violencia machista. O plan consta de seis áreas estratéxicas e once liñas de actuación e incorpora como novidade un punto referido especialmente ao rural para implementar medidas especiais dirixidas á veciñanza deste contorno. Desde o goberno apúntase o seu compromiso para continuar a traballar nesta liña e “acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria”, onde haxa as mesmas oportunidades para todas as persoas con independencia do seu sexo ou condición.

Ortigueira solicitará ante a Demarcación de Costas a cesión do eucaliptal de Morouzos

Te puede interesar