A maldición que non cesa

Segue medrando de xeito imparable a peste que nos aflixe hai dende agora un ano. Non se lle ve o final e xa imos polos cen millóns de contaxios no mundo. A cousa cada vez pinta peor aparecendo cepas novas, primeiro no Reino Unido e agora disque en Sudáfrica. Aumenta asi mesmo a súa gravidade con os hospitais cheos e con escaseza de profesionais sanitarios. Paciencia, non queda outra.


Esta, ou máis grave aínda, é a situación. Nembargantes semella que hai grupos chamados “negacionistas” que negan a existencia do Coronavirus. Como xustifican entón os cen millóns de contaxios e o millón de mortos en todo o mundo?. Por certo, o país con menos contaxios e mortos , co moita diferencia é Rusia. Non sería bo investigar as razóns.


Paralelamente a eles temos os inconscientes, eses outros descerebrados que tampouco atenden ás indicacións das autoridades sanitarias, sen pensar nos demais. Súa actitude suicida prexudica gravemente aos seus semellantes porque mentres haxa un so contaxio no mundo non nos veremos ceibos da pandemia. Multas e cárcere aos reincidentes, non merecen outra consideración.


Eu anque non confío moito nas medidas establecidas, incluíndo as tan molestas máscaras, procuro adoitalas por disciplina e por solidariedade cos meus semellantes. Tamén por respecto ás autoridades sanitarias porque penso que, a pesar dos pesares, son as que máis saben sobor a maldición que estamos a vivir.


Segundo os xornais unha comisión de científicos da OMS está agora en Wuhan co gallo de coñecer a orixe do Covid-19 que tamén se chama así. Penso que deste coñecemento pode saír unha solución definitiva porque nestes intres estase empezando a cuestionar o cen por cen de eficacia dunhas vacinas que tantas esperanzas despertaron hai apenas un mes.


Deséxolles moita sorte nas súas investigacións anque teño que dicir que a miña principal esperanza é que a pandemia desapareza no mundo espontaneamente, do mesmo xeito que apareceu.


Non quero rematar sen expresar o meu profundo respecto e agradecemento ás autoridades sanitarias, de capitán a paxe, polo seu sacrificio e labor impecable, ao mesmo tempo que o maior rechazo a políticos e outros aproveitados que están a sacar partido dunha situación que ten aflixido ao mundo enteiro.

A maldición que non cesa

Te puede interesar