O Bloque reivindica unha vez máis a figura de Carvalho Calero na terra natal do autor

O Bloque reivindica unha vez máis a figura de Carvalho Calero na terra natal do autor
Un momento do acto celebrado onte polo BNG de Ferrol | jorge meis

Á mesma hora á que onte en Santiago, concretamente no paraninfo da USC, daba comezo o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas co que a Real Academia Galega rendeu tributo á figura e obra de Ricardo Carvalho Calero –acto ao que non acudiu ningún representante da corporación ferrolá como xeito de amosar o seu descontento polo tratamento outorgado pola institución ao homenaxeado–, na cidade natal do autor, Ferrol, o BNG organizaba un acto para recoñecer o seu legado “fronte ao agravio ao que o someteu a RAG”.

Foi en Ferrol Vello, ao pé da casa onde hai 110 anos nacía o que foi, entre outras cousas, o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega na comunidade. O acto, no que soaron poemas do escritor musicados na voz de Xoán Padín e recitados por Luisa Sánchez, quixo ser tamén un recoñecemento á labor de todas as persoas e colectivos que durante moitos anos insistiron para que se recoñecera a Carvalho Calero o dereito que ten a figurar nun lugar sobranceiro da historia da cultura galega deste país, salientaron desde o BNG.

O seu voceiro, Iván Rivas, censurou na súa intervención a actitude da RAG ao respecto da figura do homenaxeado das Letras Galegas deste ano e que, ao seu xuízo, ten a súa base en que foi un personaxe que mantivo posicionamentos políticos que ían contra o réxime e contra o que estaba establecido desde o franquismo. “Porque Carvalho Calero afirmou que a dependencia gramatical do galego respecto do español inviabilizaba a recuperación da nosa lingua”, dixo. Para Rivas, o acto de onte diante da casa natal do ilustre ferrolán, “como tantas outras veces, é un motivo de celebración”, e afirmou que “debemos poder decidir por nós mesmos o que queremos facer co noso futuro, co da nosa lingua e co futuro do noso país”, engadiu.

Sesión

No acto celebrado na Universidade de Santiago de Compostela –que tivo que ser aprazado en maio e outubro pola pandemia–, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, mostrou a disposición da institución a seguir afondando no legado de Carvalho Calero nos vindeiros meses con diferentes palestras na súa cidade natal, sen renunciar, dixo, a homenaxear outro autor o autora en 2021. “As figuras ás que a RAG lles dedica o Día das Letras Galegas abren espazos de información, debate e reflexión que non conclúen nunha data, que están abertos mentres os sintamos vivos”, declarou.

O Bloque reivindica unha vez máis a figura de Carvalho Calero na terra natal do autor

Te puede interesar