A mostra “Slow Motion”, no Centro Torrente Ballester

imaxes da nova proposta d.a.
|

O Centro Torrente Ballester inaugurou onte a súa nova mostra, “Slow Motion”, comisariada por Mónica Maneiro. A exposición consta de dúas partes. Nunha delas pode verse o traballo do fotógrafo Jesús Madriñán, mentres que a segunda presenta obras do galego Rubén Ramos Balsa, do salmantino Javier Núñez Gasco e dos brasileiros Rosana Ricalde e Marco Giannotti. A exposición convivirá ata o mes de novembro con “Esta canción atopeina tirada”, tamén comisariada por Mónica Maneiro.

movemento lento
“Slow Motion” (movemento lento) é unha expresión que percorre o ámbito das belas artes, o cinema e o audiovisual en relación a unha técnica consistente en diminuír a velocidade de tránsito das imaxes en movemento. Unha lentitude que xera un novo obxecto narrativo.
Na exposición poderán verse as series de Madriñán “Good Night London” e “La Finca”. Ramos presenta as obras “Ver” e “Sen título” mentres Núñez Gasco o fai con “Prótesis para una bailarina”. Giannotti amosa o movemento lento do espazo pictórico e Ricalde achega a súa serie “Mares”.

A mostra “Slow Motion”, no Centro Torrente Ballester