A banda ferrolá Far Away Place gaña o primeiro premio no concurso da Escola de Imaxe e Son de Vigo

A banda ferrolá Far Away Place gaña o primeiro premio no concurso da Escola de Imaxe e Son de Vigo
Copia de Diario de Ferrol-2014-03-13-015-b76ecd93

Non o agardaban, por xogar en terreo contrario, así que a alegría foi maior. A pasada fin de semana o cuarteto de rock ferrolán Far Away Place gañou o VIII Certame EISV Music Live, que organiza a Escola de Imaxe e Son de Vigo. O grupo competiu na final con dúas bandas viguesas ás que derrotaron entre outras cousas por facer levantar ás 260 persoas que enchían a sala de concertos Masterclub.
O premio para os ferroláns é a posibilidade de gravar unha maqueta nun estudio de calidade, a realización dun videoclip e un book con fotografías artísticas e de presentación da banda. Todo isto durante o presente ano. A maiores, a organización entregou a Far Away Place unha mesa de mesturas valorada en 250 euros. O grupo, un dos novos conxuntos que utiliza os locais de ensaio do Concello de Ferrol, ofrecerá mañá un concerto na sala La Reserva de Ultramar, ás 23.30 horas, acompañado dos ferroláns Mondo Bizarro.

A banda ferrolá Far Away Place gaña o primeiro premio no concurso da Escola de Imaxe e Son de Vigo

Te puede interesar