ORTIGUEIRA - A Xunta completa os traballos de mellora da sinalización horizontal do casco urbán da vila

|

A Xunta de Galicia vén de completar a mellora da sinalización horizontal da AC 862 ao seu paso polo núcleo urbán de Ortigueira. A actuación consistiu no repintado da decena de pasos de peóns que se suceden na estrada xeral e na Avenida da Penela do municipio ortegán. Estes traballos completan deste xeito os executados a finais do mes de xullo e que consistiron no pintado das liñas que delimitan a calzada.
O progresivo desgaste das propias sinalizacións facía preciso unha intervención que ademais, tal e como salientan desde o Concello, contribuirá a reforzar a seguridade vial do municipio, especialmente na zona que rexistra un maior volume de vehículos e peóns. A medida busca deste xeito que as persoas poidan cruzar con maior seguridade.
Así mesmo, o goberno local reservou unha partida no plan provincial do DCT para retocar os pasos de peóns existentes entre o municipio e Espasante.

formación
Noutra orde de cosas, e xa no apartado formativo, o CIM de Ortigueira, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, traballa xa nunha nova edición do programa “Mujer y salud”, que se retomará no vindeiro outono.
O primeiro dos cursos que fomarán parte do mesmo terá lugar o 6 de novembro, a partir das 16.30 horas no Centro de Participación de San Roque. Trátase dunha acción formativa sobre o coidado de persoas dependentes e o prazo de inscrición para participar xa está aberto.
A actividade está dirixida a todos os veciños, se ben terá especial interés para aqueles que teñan algún familiar en situación de dependencia.
As persoas interesadas na iniciativa, totalmente gratuíta, deberán anotarse canto antes no centro social de Ortigueira (teléfono 981 402 542). A enfermeira do Centro Hospitalario Universitario de Santiago, Dolores Otero, será a encargada de impartir o taller, de tres horas. n

ORTIGUEIRA - A Xunta completa os traballos de mellora da sinalización horizontal do casco urbán da vila