A Fundaçom Artábria celebra con variadas propostas o seu aniversario

A Fundaçom Artábria deseñou un amplo e variado programa de actividades a desenvolver durante este mes de outubro con motivo do seu décimo oitavo aniversario. 
Trala inauguración o pasado sábado da mostra fotográfica na que se recollen imaxes das propostas desenvolvidas durante todo este tempo –e que poderá ser visitada durante todo o mes–, mañá venres haberá unha palestra sobre a nación e reivindicación na banda deseñada galega. Correrá a cargo de Xulio Carvalho, doutor en estudos lingüísticos e literarios de galego e portugués.

sesión vermú
O sábado comezarase a xornada cunha sesión vermú ás 12.30 que contará coa participación de Manolo Bacalhau e Xurxo Souto. Pola noite, Os Tres Trebóns protagonizarán o primeiro dos concertos enmarcados no aniversario. Comezará ás 23.00 horas e a entrada é gratuíta.
Á proxección de diapositivas que sobre a historia da sociedade terá lugar o sábado 14, seguiralle o venres 21, ás 21.30 horas, a representación da obra “O escorial” por parte da compañía teatral Damecuerda que teatro. Tamén será de balde.
O sábado 22 chegará desde Vigo o Ska de Liska! coas súas letras reivindicativas para ofrecer unha actuación que dará comezo ás 23.00 horas e de entrada libre.

taller infantil
Os máis cativos da casa terán tamén un espazo reservado nesta programación. A eles estará dirixido o taller que sobre a aleboración de galletas para o Samín impartirá Maru Alonso. Está dirixida a nenos a partir de catro anos de idade e será necesario realizar inscrición previa a través do teléfono 671 200 160.
El sábado 29 será a cea de aniversario, cuxo precio será de 12 euros. O programa conemorativo pecharase o 31 de outubro coa celebración do Samaín, que incluirá un novo obradoiro para nenos e liscos a un euro.

A Fundaçom Artábria celebra con variadas propostas o seu aniversario

Te puede interesar