A Federación de Anpas de Ferrolterra anima a non enviar aos nenos ás reválidas

A Federación de Anpas de Ferrolterra anima a non enviar aos nenos ás reválidas
Un momento da xornada celebrada onte pola Feanpas | daniel alexandre

Os alumnos de terceiro de Primaria serán os primeiros en desenvolver este curso as polémicas avalicións individualizadase contempladas na Lomce. As probas, de carácter censual e polo tanto de aplicación para a totalidade de alumnado deste nivel, terán lugar entre hoxe e mañá. 
A vindeira semana será a quenda para os cursos de sexto de Primaria e cuarto da ESO, que neste caso son muestrais polo que só terán que facelas os estudantes dos centros seleccionados pola Consellería de Educación no conxunto da comunidade –290 en sexto e 160 en cuarto–.

Tal e como se lembra desde a administración educativa galega, en todos os casos se tratan de probas que teñen carácter informativo, orientador e de diagnose.

Anpas
Desde a Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra, que forma parte da Confederación Anpas Galegas e tamén da Plataforma en Defensa do Ensino Público, amosaron un curso máis o seu total rexeitamento a estas reválidas, polo que animan ás familias a non enviar hoxe aos rapaces á escola para non facer estas probas.
Consideran, entre outras cousas, que xeran unha clasificación e competición “mal entendida” entre os centros, que neutralizan a posta en marcha de novas iniciativas metodolóxicas nos mesmo, que supoñen unha “involución” do sistema educativo ou que provocan un estado de tensión estéril nos nos escolares, entre outras cuestións.

Desde a Federación de Anpas de Ferrolterra apuntan que esta acción reivindicativa contra as reválidas enmárcase na oposición absoluta que manteñen cara a Lomce, lamentando ao mesmo tempo que a día de hoxe non se teña cumprida a promesa feita en 2013 polos grupos da oposición do Congreso a derrogar a lei aprobada polo Partido Popular.

Charlas
Co obxectivo de informar ás familias sobre estas probas de avaliación, o colectivo de Anpas celebrou onte unha xornada centrada nas de terceiro de Primaria. Hoxe volverán repertir sesión, ás 18.30 horas no Carvalho Calero –abertas a todos os interesados–, para abordar as de sexto e cuarto de ESO da vindeira semana.

A Federación de Anpas de Ferrolterra anima a non enviar aos nenos ás reválidas

Te puede interesar