As ONG galegas premian o proxecto “Monferosolidario” do CPI Virxe da Cela

O CPI Virxe da Cela, de Monfero, acaba de gañar o I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global na súa categoría para educación secundaria co seu proxecto “Monferosolidario”. No nivel de Infantil e Primaria gañou o CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo, con “Aprendendo a convivir”.

Trátase dun recoñecemento honorífico outorgado pola coordinadora galega de Organizacións Non Gobernamentais de Desenvolvemento, con apoio e financiamento da Unión Europea e da Xunta.

O galardón recoñece as “experiencias educativas que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto”. Valórase que se promocione a responsabilidade e a participación do alumnado na construción dunha sociedade solidaria, unha “transformación do mundo desde as aulas”, como apunta María Paz, coordinadora das ONGs galegas.


Sinal de identidade

A coordinadora do proxecto “Monferosolidario”, a profesora de ESO Verónica Dopico, valorou un premio que “supón unha reafirmación na nosa idea inicial: a posibilidade de abrir a escola cara á transformación social desde a Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global”. Xa en 2009 recibiron o Premio Nacional de Educación para el Desarrollo “Vicente Ferrer” y agora, resaltan, reciben un novo respaldo a un proxecto que “medrou e agora abarca todos os niveis educativos” e que se converteu “nun sinal de identidade do centro e da súa comunidade educativa”.


“Soubemos manternos no tempo e tivemos que evolucionar e adaptarnos aos cambios e transformacións da sociedade, especialmente notables neste último ano”, explica Dopico. “E todo isto foi posible grazas ás sinerxías creadas dentro e fóra do propio centro e ao espírito de colaboración e participación non que se basea o proxecto”.


As variadas actividades que se inclúen neste proxecto poden consultarse na páxina web.

As ONG galegas premian o proxecto “Monferosolidario” do CPI Virxe da Cela

Te puede interesar