Unhas 140 imaxes optan ao certame de Fotografía de Narón

Un total de 49 personas secundaron este ano a novena edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón convocado a través da Concellería de Turismo que dirixe Natalia Hermida. Os participantes presentaron un total de 140 imaxes, traballos que agora serán valorados por un xurado de cara a elixir os mellores. A reunión terá lugar o vindeiro día 15.
As tres fotografías que obteñan maior puntuación obterán premios de 750, 300 e 150 euros, respectivamente. A maiores serán seleccionadas outras nove para ilustrar o calendario de sobremesa que anualmente edita o Concello naronés. A calidade técnico-artística, a orixinalidade e o grao de representatividade do municipio serán os tres aspectos a valorar. Ao igual que en edicións anteriores, para garantir o anonimato, os participantes entregaron as imaxes baixo seudónimo.
Participación
Do total de participantes, trinta son de Narón, se ben once están censados en Ferrol e os restantes de Fene, San Sadurniño, Mugardos e Pontedeume.
A concelleira de Turismo agradeceu a elevada participación no certame. “É unha satisfacción para nós que case medio cento de persoas se animan este ano a participar neste certame, unha convocatoria moi importante para nós en canto que aposta por difundir a riqueza desta oitava cidade de Galicia”, manifestou. l

Unhas 140 imaxes optan ao certame de Fotografía de Narón

Te puede interesar