Miriam Rodríguez será a encargada de ler o pregón da Festas das Peras

Miriam Rodríguez será a encargada de ler o pregón da Festas das Peras
Miriam Rodríguez iniciará en novembro a súa xira en solitario

Cando faltan dez días para que Pontedeume vibre un ano máis coas súas grandes festas patronais, a comisión das Peras ten practicamente todo listo para que tanto os veciños do pobo como todos os demais visitantes poidan gozar co intenso programa a desenvolver entre o 7 e o 11 de setembro.
Cinco días de festexos nos que haberá espazo para a música, o teatro, o deporte e as tradicionais citas como o certame de froitas, a cucaña –prevista para o sábado 8 a partir das 13.00 horas e na que todos os interesados poderán apuntarse ata o comezo da mesma– ou a sempre concorrida sesión de fogos a cargo da pirotecnia Rocha, que terá lugar o luns día 10 ás 00.00 horas.
A encargada de abrir este ano as festas será a cantante eumesa e ex concursante de Operación Triunfo Miriam Rodríguez, elixida para proceder á lectura do pregón –será o venres 7 ás 20.30 horas na Praza Real de Pontedeume–. Desde a comisión agradeceron as facilididades e boa predisposición da artista –coa que a vila se volcou por completo durante a súa participación no concurso televisivo– ao aceptar o cometido de inaugurar os festexos patronais. “É unha nena moi querida pola xente de Pontedeume e que vale moito”, salientaron desde a organización.
Outro dos pregoeiros do cartel será o lucutor de radio fenés Enrique Sanfiz, encargado neste caso de presentar o emblemático Concurso de Froitas que terá lugar o domingo día 9 coa colaboración da Asociación Galega de Froita Autóctona do Eume (AGFA), na Alameda.
Música
Un dos pratos fortes a nivel musical será o concerto do artista Antonio Carmona. O que fora membro de Ketama, chegará a Pontedeume no marco da xira do seu terceiro disco en solitario, “Obras son amores”, un traballo no que abre o corazón de par en par.
A cita, totalmente gratuíta como todas as propostas incluídas no programa, celebrarase o sábado 8, ás 00.30 horas, na Praza do Conde. Antes, ás 23.00 horas nese mesmo escenario, sonará a música da banda de Lou Reyes & sus reales.
Os concertos nocturnos na Praza do Conde estarán presentes xa desde a primeira xornada, na que tocarán Bluesons, The Bosses and The Eume Sessions Band e Carla Green & The Demons (22.30 horas.
O domingo será a quenda para a verbena coa orquestra Claxxon (23.00 horas), formación á que sucederá, o luns, Los Satélites. Estes actuarán a partir das 23.00 horas para, logo da sesión de fogos, continuar a partir das 00.45 horas. A orquestra Panorama será a encargada de poñer o broche final ás festas o martes 11 cunha verbena que dará comezo ás 23.00 horas.
Ademais das actuacións previstas neste escenario, haberá música tamén durante o día, todas as xornadas, con diferentes agrupacións, como charangas, a Escola de Música Charamela, bandas de música como a de Meira, a Cultural e Recreativa das Pontes e a da propia Charamela; actuación da AFC Orballo; un concerto de soul co grupo Black e a súa proposta “Un paseo por la música negra, la raíz”; ou un recital poético coa participación de varios autores.
Mómaros
Os que tampouco faltarán nas Peras serán os singulares mómaros e cabezudos que, acompañados dos gaiteiros, percorrerán as rúas do pobo para animar a festa.
Obras de teatro, misas e procesións relixiosas, degustacións e eventos deportivos –como fútbol sala, balonmano ou baloncesto e a cronoescalada a Breamo–, serán outras das alternativas dun programa que na súa última xornada, o martes día 11, coa tradicional xira ao Río Eume.
Ademais dos obxectos de “merchandising”, como camisetas, pulseiras e chapas, a comisión de festas das Peras editou preto de 500 exemplares dun libro que xa é tradición e no que ademais dos negocios colaboradores, tamén se recollen artigos. O prezo do mesmo é de 10 euros. l

Miriam Rodríguez será a encargada de ler o pregón da Festas das Peras

Te puede interesar