Chega ao Teatro Jofre a Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta de Piero Lombardi

Chega ao Teatro Jofre a Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta de Piero Lombardi
Copia de Diario de Ferrol-2014-03-28-015-047b99b7

A Real Filharmonía de Galicia regresa ao teatro Jofre hoxe ás 20.30 horas dentro da programación da Sociedad Filarmónica Ferrolana. A batuta levaraa o novo director Piero Lombardi, de só 25 anos.
A orquestra compostelá comezará o recital coa Obertura As Hébridas, do compositor alemán Felix Mendelssohn (1809-1847). Nesta obra, o primeiro tema lírico, de gran beleza, contrasta co sentimento de soedade que transmite. O segundo tema, en cambio, representa o movemento do mar e das ondas. A continuación a orquestra achegará ao público a Sinfonía nº 44 “Fúnebre” do compositor austriaco Franz Joseph Haydn (1732-1809). O concerto rematará coa Sinfonía nº 36 “Linz” de Mozart (1756-1791), que o xenial músico escribiu en tan só tres días.  
De pai italiano e nai coruñesa, o director Piero Lombardi naceu en Estocolmo en 1989. Dirixe de memoria, xa que considera que a partitura é unha barreira e gústalle sentir a complicidade cos músicos e mirarlles aos ollos.

experiencia
Lombardi inicia a súa formación musical no Conservatorio Profesional de Música da Coruña, onde estuda piano e violín. Dende 2005 ata 2009 estuda violín en Zurich e entre 2009 ata 2013 realiza os seus estudos de dirección de orquestra na mesma cidade. Desde entón reside en Manchester, onde obtén unha bolsa para novos directores, o que lle dá a oportunidade de traballar con importantes mestres e as mellores orquestras. En 2011 gañou o concurso para directores da Universidade das Artes de Zurich.

Chega ao Teatro Jofre a Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta de Piero Lombardi

Te puede interesar