Amancio Prada está o xoves en Narón no Encontro Internacional de Narración Oral

Amancio Prada  está o xoves en Narón no Encontro Internacional de Narración Oral
Concierto de Amancio Prada en Fene

O xoves ás 20.30 horas celébrase no Pazo da Cultura de Narón a VI edición do Encontro Internacional de Narración Oral “ContaConNarón”. Este ano o Padroado de Cultura conta cunha singular presenza musical a través do popular músico Amancio Prada. Canda el estará o narrador colombiano Nicolás Buenaventura; o canario Antonio López e Pablo Albo, que regresa desde Valencia. Desde a semana pasada as entradas están á venda na billeteira do Pazo da Cultura a un prezo de 9,50 euros, e para aboados e con desconto, de 6,65.

nais e avoas
O singular cartel de este ano do Encontro Internacional de Narración oral vén impulsado pola presenza dun músico especializado na adaptación de coñecidos poetas con singular fortuna. O berciano adica os seus primeros traballos discográficos nos anos 70 a San Juan de la Cruz e a Rosalía de Castro. Pero estes primeiros exemplos non serán casos illados, pois a música e a literatura seguirán marcando a carreira artística de Prada, na que encontraremos poemas dos primeiros trobadores galaico portugueses dos séculos XII e XIII, de Antonio Machado, Federico García Lorca, Juan del Enzina, Tagore, Agustín García Calvo, Álvaro Cunqueiro ou Chicho Sánhez Ferlosio. Sempre nunha aposta de grande elegancia formal que une a canción popular coa alta cultura.
Pola súa banda, Pablo Albo contou contos por primeira vez en 1994, en Alicante, a súa terra natal. Agora, visitou case todas as provincias, narrando en bibliotecas, teatros festivais. Conta para todo tipo de público. Sabe que os contos non teñen idade, pero que cada idade ten os seus contos e os elixe con coidado e logo os conta coa súa voz, coas súas mans, co seu corpo, os seus xestos e coa súa mirada. As palabras non necesitan nada máis. Leva escritos sete libros e colabora en revistas como “Naque”.
O colombiano residente en París Nicolás Buenaventura (Cali, 1962) amósase como un home de capacidades renacentistas: actor, director de cine, guionista o autor teatral, cada certo tempo sae de xira por Europa. África e América para contar contos propios que ás veces reuniu en pequenos e intesos libros, ou ben quedan para a anónima tradición oral.

a tradición canaria
Finalmente, estará en Narón o canario Antonio López, que comezou na narración oral en Agüimes en 1994. Dende entón dedícase a esta actividade de xeito profesional, desenvolvéndoa principalmente en centros de educación e teatros no ámbito insular, ademais de mostrar o seu traballo en lugares como Colombia ou Venezuela.
Dende que coñeceu a experiencia de escoitar e relatar historias ou contos por primeira vez, narrar converteuse nas súas propias palabras “nunha necesidade”. López combina as actuacións como narrador para nenos e adultos coa docencia para profesionais da comunicación oral e a narración artística. Nos últimos anos desenvolve proxectos de animación á lectura en bibliotecas, centros escolares e imparte obradoiros sobre oralidade.

Amancio Prada está o xoves en Narón no Encontro Internacional de Narración Oral

Te puede interesar