Mikel Eretnxun, Auryn e Ariel Rot, no ciclo cultural do último cuatrimestre

Mikel Eretnxun, Auryn e Ariel Rot,  no ciclo cultural do último cuatrimestre
04 enero 2014 página 17 A Coruña.- El mítico grupo donostiarra Duncan Dhu repasó su biografía y presentó nuevo disco en el Palacio de la Ópera

A Concellería de Cultura vén de presentar a programación para o último cuatrimestre do ano nos principais contenedores culturais da cidade, o Teatro Jofre e o Auditorio de Caranza. Se en canto ao perfil de artistas e propostas escénicas non hai grandes variacións, non sucede así cos cartos investidos, xa que o departamento de Suso Basterrechea aforrará ata 40.000 euros do custo do programa con respecto aos seus antecesores. Isto sucede así segundo o edil porque “se negociou concerto a concerto e non un programa total”. 
Así, Basterrechea asegura que “os espectáculos que presentamos neste ciclo deféndense por si mesmos”, axuda que si precisan artistas locais aos que irá destinado o diñeiro aforrado a través de diferentes ciclos e programas aínda por definir. De feito o concelleiro de Cultura volverá a reunirse co tecido musical e teatral ferrolán a mediados de mes. Ata entón aínda quedan un par de actuacións do ciclo de verán. Así, este venres 4 de setembro a paxareira do Cantón integrarase nun espectáculo da compañía de danza contemporánea Pisando Ovos. Finalmente, o día 11 o patio traseiro do Centro Torrente Ballester acollerá un concerto de jazz a cargo do ¡Zas! Trío, liderado polo contrabaixista ferrolán Baldo Martínez.

programación
A programación comeza o 19 de setembro no Jofre ás 20.30 horas coa comedia “Eu encargábame dos nenos e ti da parte dos gastos». O día 20, ás 20.00 horas, Moncho Borrajo traerá o seu espectáculo sobre Sancho Panza. 
O sábado 26 Mikel Eretnxun estará no Auditorio de Caranza ás 20.30 horas. E xa, como despedida do mes, o 27 haberá un concerto da orquestra de Colonia no Teatro Jofre ás 20.00 horas.
Comeza outubro e faino coa cantanta galaico lusa María do Ceo que regresa ao Jofre o 3 de outubro ás 20.30 horas. Ao día seguinte haberá teatro infantil  con “O último dragón” ás 18.00 horas. O día 10 a compañía local Bucanero (Pedro Picos e Xosé Bonome) estrea a súa nova creación, “Os amos do mundo”. Será no Jofre a partir das 20.30 horas
O 15 de regresa ao Jofre a ópera coa representación de “Madama Butterfly”, de Puccini, a cargo da orquestra e solistas da compañía Ópera 2001 no Jofre. Será ás 20 horas. O día 24 a rondalla ferrolá Bohemios organiza no teatro a partir das 20.30 horas o “VIII Festival Hermandad Bohemios” acompañada por outras formacións. O 25 de octubre ás 20.00 horas preséntase no Jofre a comedia “Amigos”, protagonizada por David Amor, Xosé A. Touriñán e María Tasende. Finalmente, os fans adolescentes ferroláns están de noraboa coa actuación que o quinteto Auryn fará o 31 de outubro no Auditorio. Será ás 20.30 horas.
Comeza novembro e o día 5 a Orquestra Sinfónica de Galicia regresa unha vez máis ao Jofre nun concerto organizado pola Sociedad Filarmónica Ferrolana ás 19.00 horas. A popular artista Miriam Díaz Aroca pasará polo teatro ferrolán o 7 de novembro coa obra “Insatisfechas”. O día 14 unha das citas máis agardadas co indie de Súpersubmarina ás 20.30 horas no Auditorio de Ferrol, dentro do ciclo “Sons de Ferrol”. O domingo15 ás seis do serán poderá verse no Jofre o espectáculo infantil “Bubble sister”. Xa, o 21 de novembre, arrinca o XXVIII Premo Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”. O día 28  no Jofre verase a obra teatral “La mirada del otro” , e o 29 de novembro o ciclo de monólogos «Comedy zoo», contará ás 20.00 horas con Santi Millán, José Corbacho e Javi Sancho. E o 12 de decembro ás 20.30 horas Ariel Rot actuará no Auditorio, e o 13 Eduardo Aldán fará un monólogo no Jofre. O 17 o ballet “El Cascanueces” verase no teatro e o 19 o humor de Yllana regresa ao Jofre con “Star trip”. O 23 verase o musical infantil “Pinocho” e o 26, “Pinturilla y la pandilla vainilla”. Finalmente, o 29 o programa despídese coa zarzuela “La verbena de la Paloma”.

Mikel Eretnxun, Auryn e Ariel Rot, no ciclo cultural do último cuatrimestre

Te puede interesar