Recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón, eis o fin da gala que hoxe se celebra no Pazo da Cultura a partir das seis do serán. A xornada comezará cunha sesión de zumba a cargo de Zin´s Sensations e continuará coas actuacións de Los Zares, con Sito Sedes; La Promesa e o Grupo Magenta. Entre os dous primeiros actos e o final proxectarase un vídeo de cinco minutos no que se dará a coñecer a historia destas instalacións desde que se proxectaron na localidade, a finais de 2008.
O acto inclúe unha entrega dun diploma ás entidades colaboradoras que ofrecerá a primeira tenente de alcalde de Narón e Concelleira de Cultura, Marián Ferreiro. As persoas que queiran realizar unha doazón ao Centro de Recursos Solidarios de Narón poden tamén facelo a través da Fila 0: ES95 0238 8158 060600070448.
noiteboa
Onte o Pazo acolleu a traxicomedia “Noiteboa”, unha proposta de Redrum Teatro con Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo. Narón convertiuse na segunda localidade en acoller esta exitosa peza trala súa estrea en Compostela.