“Ferroláns de seu” recolle as mellores entrevistas do dominical Nordesía de Diario de Ferrol

“Ferroláns de seu” recolle as mellores entrevistas do dominical Nordesía de Diario de Ferrol
un momento do acto da presentación onte en sargadelos luis polo

A Galería Sargadelos acolleu onte a presentación do volume “Ferroláns de seu”, publicado por Edicións Embora e que recolle algunhas das mellores entrevistas aparecidas durante varios anos no suplemento dominical Nordesía de Diario de Ferrol. Unha sala chea asistiu á presentación do volume a cargo dos seus autores, Nicolás Vidal e José Gómez Fandiño, e do director de Edicións Embora, Miguel Toval. Tamén participou o responsable en Ferrol da asociación Lazos-comité antisida, a quen os periodistas cederon os seus dereitos.

Ante o numeroso público asistente os periodistas de Diario de Ferrol comentaron algunhas anécdotas e falaron da xénese do volume e dos persoeiros que nel aparecen, desde Xosé Luis Torrado O Bruxo, ata Paula Vázquez, Carlos Jean, Siro ou Guillermo Llorca, entre as 43 entrevistas escolmadas.

“Ferroláns de seu”, que xa está á venda nas librerías, inclúe as caricaturas feitas orixinalmente polo debuxante Juan Veiga e se acompaña dun prólogo do director de Diario de Ferrol, Carlos Miragaya.

 

“Ferroláns de seu” recolle as mellores entrevistas do dominical Nordesía de Diario de Ferrol

Te puede interesar