Flores, plantas e os mellores froitos na Feira da Plantación

Feira de la Plantación en San Sadurniño
|

Plantas, flores, herbas aromáticas, árbores froiteiras ou sementes, entre outros produtos, volveron converterse onte en San Sadurniño nos protagonistas da XXIII Feira da Plantación de San Sadurniño. A cita, que rexistrou unha gran afluencia de público durante toda a xornada, permitiu contribuír, unha vez máis, a poñer en valor as posibilidades do medio rural e ás vendas dos produtores presentes.
Produtos de alimentación frescos e transformados así como artesanía relacionada co mundo vexetal e postos centrados na sostenibilidade complementaron un encontro no que tambén houbo espazo para outras actividades.
Obradoiro
Así, desenvolvéronse dúas demostracións de elaboración de pementón, mentres que os rapaces a partir de tres anos tiveron oportunidade de participar nun obradoiro gratuíto de fabricación de sacos aromáticos.
No decurso da feira celebráronse tamén os tradicionais sorteos de lotes de produtos da terra entre as persoas que efectuaron algunha compra, ás que tamén se lles entregou unha planta como agasallo en colaboración con Vivergal, segundo se informou.

Flores, plantas e os mellores froitos na Feira da Plantación