Mari Morado: “As mulleres con discapacidade sufrimos dobre discriminación”

Mari Morado preside o Grupo de Diversidade Funcional e loita por romper as barreiras dos colectivos con discapacidades físicas ou psíquicas xa desde comezos dos setenta “cando non era nin legal asociarse e había que ampararse en entidades como a igrexa”. Polo feito de ser muller e ter algún tipo de diversidade funcional súfrese “unha dobre ou triple discriminación”, asegura.
Morado recibiu a homenaxe do Concello “cunha sorpresa enorme”. “Creo que non o merezo”, engade, e atribúeo ó seu traballo de loita polos dereitos das persoas con discapacidade.
Desde o Grupo de Diversidade Funcional desenvólvese unha tarefa intensa de concienciación e tamén de protesta. Os seus obxectivos son os de lograr “unha vida independente e a autonomía persoal” en ámbitos que empezan na propia familia e que seguen na educación e nas oportunidades laborais. Se non se parte desa base “xa nin sequera podes acceder a que te discriminen, porque somos invisibles”.
A eliminación das barreiras arquitectónicas son un dos eidos de traballo nos que máis se empregan na cidade, ás veces actuando case como un servizo de inspección, como comenta a propia Morado. Agora céntranse tamén no proxecto “Transición á vida independente” e non deixan de pedir “máis implicación e participación da xente”. n

Mari Morado: “As mulleres con discapacidade sufrimos dobre discriminación”

Te puede interesar