A choiva non impediu que PAPS reunise unhas 300 persoas afectadas polas preferentes

A choiva non impediu que PAPS reunise unhas 300 persoas afectadas polas preferentes
a protesta rematou en armas coa lectura dun manifesto d.a.

Arredor de trescentas persoas, a meirande parte afectadas polas participacións preferentes e obrigas subordinadas de caixas de aforro e entidades bancarias, manifestáronse onte polas rúas de Ferrol para esixir a devolución íntegra dos seus aforros. Fixérono malia o forte temporal, que levou a moitos afectados doutros puntos de Galicia, nomeadamente do sur, que xa confirmaran a súa presenza en Ferrol, a non acudir pola predición de alerta vermella no litoral.

O percorrido inicial tamén mudou dadas as circunstancias. Os manifestantes locais e de zonas limítrofes concentráronse na praza do Inferniño, mentres os tres autobuses procedentes de Vigo paraban na Malata. Cada un desde o seu punto foron camiñando cara ao centro de Ferrol e arredor das 12.00 horas confluíron na praza de Armas, onde a actriz ferrolá Helga Méndez leu un comunicado.

Nel defínense os produtos bancarios que arrebataron os aforros de milleiros de persoas en toda Galicia como “mal contrato” para “el enriquecimiento de los avariciosos” que se estendeu entre tanta xente pola súa “confianza” nas entidades e no seu persoal.

“Es tiempo de poner orden, de hacer que se cumple la ley. Y si la ley no defiende al Pueblo, entonces cambiemos la ley”, dixo Méndez, que engadiu “hasta que reconozcan que hemos sido estafados, conscientemente, por los responsables de Novagalicia Banco”.

O texto lembra que eses produtos financeiros pasaron polos consellos de administración das caixas, polo que “no hay inocentes entre ellos”, tampouco na Xunta, que, sinala o comunicado, deu “autorización administrativa previa a varias emisiones del producto”. Tampouco se librou da queima a Comisión Nacional do Mercado de Valores, que, segundo o comunicado, “mira para otro lado”, nin o Banco de España, que “no hizo nada al respecto”, nin a UE, que, recolle o texto, “se justifica con las mentiras que nuestro gobierno: que somos accionistas o inversores” e que só existen “unos pocos ahorradores”.

Porén, as probas, lembran os afectados, “son claras: de 11.200 laudos de arbitrajes, las sentencias dicen que las 11.200 reclamaciones son correctas”, tras acreditarse que son aforradores,

 

A choiva non impediu que PAPS reunise unhas 300 persoas afectadas polas preferentes

Te puede interesar