O Auditorio abrirá o venres as súas portas aos cinco grupos do festival “A Mocidade coa Lingua”

O Auditorio abrirá o venres as súas portas aos cinco grupos do festival “A Mocidade coa Lingua”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-75b53eca_1

O Festival “A mocidade coa lingua”, promovido desde hai xa moitos anos pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración co Concello de Ferrol  desenvolverase este ano nun escenario de luxo: o Auditorio municipal. Nel actuarán, este mesmo venres, as cinco formacións que dan forma ao cartel da presente edición, tres delas escolares e outras dúas de carácter profesional.
Entre as primeiras atópanse Indianos, grupo formado por alumnos do IES Fernando Esquío de Neda; Eigth Swing, da que forman parte rapaces dos IES Saturnino Montojo, Canido e Concepción Arenal e que traducen e cantan blues con ritmo de bossanova; e Polaina, un coro do IES Carvalho Calero que ten no rock a súa base.
Logo das súas actuacións, será o turno para os grupos Blues do País, con temas que versionan e traducen ao galego melodías populares do blues; e Sacha na Horta, que se definen como “agropachanga”.
Os cinco farán gozar da música en galego aos centos de estudantes que acudirán como público a un festival previsto para as 10.30 horas.
A iniciativa musical é posible un ano máis grazas ao convenio de colaboración entre a área de Participación Cidadá e a Coordinadora de Equipas, do que onte mesmo se daba conta na respectiva comisión informativa para logo se presentar en rolda de prensa polos responsables de ámbalas dúas partes, Álvaro Montes e Pilar Patiño, respectivamente.

comisión
A devandita comisión deu conta ademais do desenvolvemnto do roteiro “Ferrol Rebelde 2016” así como do Conto Viaxeiro que se lle adica á figura do pentacampeón do mundo de triatlón e Medaia de Prata na cidade, Javier Gómez Noya, actualmente en fase de preparación para a súa participación nas Olimpíadas de Río 2016.

O Auditorio abrirá o venres as súas portas aos cinco grupos do festival “A Mocidade coa Lingua”

Te puede interesar