A Aula CeMit de San Sadurniño ofrece un catálogo moi amplo de cursos e charlas ao longo do ano enfocadas a tratar de que a poboación de maior idade perda o medo as novas tecnoloxías e aprender a sacarlle o máximo partido. Nestes días está ofrecendo un obradoiro sobre móbiles en Santa Mariña e nas próximas semanas haberá actividades semellantes en Igrexafeita, Bardaos e Naraío. As inscripcións para tomar parte nestas iniciativas poden facerse a través do teléfono 616 016 793.
Con respecto ao curso que se desenvolve no local social de Santa Mariña os luns e martes deste mes e que leva por título “Aprende a usar o smartphone” serve para que os participantes aprendan uns conceptos básicos para manexar os teléfonos móbiles que hai agora, coas pantallas táctiles e conexión a internet, entre outras cuestións que as veces lles poden resultar algo complicadas aos veciños de maior idade.
As clases parten desde cero. Primeiro apréndese a acender o aparello e logo as configuracións básicas de como chamar, como gardar contactos e xestionar a axenda ou aprender a conectarse a unha rede wifi, etc. Unha vez aprendidos estos conceptos máis sinxelos xa se vai entrando pouco a pouco na navegación en internet, o uso do whatsapp, o manexo de aplicacións como o Google Maps e sacar fotos e gravar vídeo, entr outras cuestións como facer axustes de privacidade.
Ao taller de Santa Mariña asisten sete persoas, un número moi semellante ao das anteriores accións formativas ofertadas nos lugares de Lamas e Ferreira. As accións proseguirán no mes de marzo. Para anotarse nas sesións non hai límite de idade. Así mesmo, durante o mes de marzo tamén se ofrecerá a través de Aula CeMit un curso de 16 horas para aprender a usar tabletas, moi semellantes aos móbiles en canto ao funcionamento e as aplicacións. Para anotarse na actividade, prevista para os días 13, 15, 20 e 22 de 10.00 a 14.00 horas, hai que enviar un correo a cemit.sansadurnino@xunta.gal, chamar ao 616 016 793, ou na páxina web do centro.