Canido volveu apostar polo mercado tradicional artesanal e agrícola

Canido volveu apostar polo mercado tradicional artesanal e agrícola
Mercado Tradicional de Canido

A AVV de Canido segue apostando pola dinamización do barrio a  través de feiras que tratan de poñer en valor os produtos máis próximos e ecolóxicos. Así sucedeu onte de novo coa segunda edición do Mercado Tradicional de Canido, un evento que reuniu uns 40 postos de venda de comerciantes procedentes de Ferrol, a comarca e diferentes puntos de Galicia.
A cita comercial comezou a primeiras horas da mañá e se mantivo ata que a luz do sol comezaba a desaparecer. Unha xornada enteira na que os numerosos asistentes que se achegaron á avenida Pérez Parallé de Canido puideron adquirir unha ampla oferta en produtos artesanais e da horta (froitas, verduras, etc.) nalgúns casos próxima. Non faltaron desde doces a mel ata herbas aromáticas e medicinais (procedentes de Caaveiro), así como todo tipo de traballos manuais como coiro, roupa, etc.
Desde a AVV de Canido, a súa presidenta, Elia Rico, destacou a asistencia tanto de visitantes como de comerciantes que acudiron a Canido a vender as súas mercadorías “algo importante porque nos interesa mandar a mensaxe de que hai que consumir os nosos produtos, de canto máis perto mellor”.

feiras de temporada
Para a entidade veciñal é importante levar a cabo este tipo de mercados cada certo tempo. “O ano pasado a feira resultara un éxito e neste tamén funcionou estupendamente. O noso obxectivo é reactivar o barrio cada certo tempo a través de eventos de temporada. Esta sería a segunda feira tradicional, pero polo medio xa houbo e volverá haber mercados de antigüidades e de segunda man. Ademais de poñer en valor o intercambio e a venda, interésanos moito axudar a facer barrio”.

Canido volveu apostar polo mercado tradicional artesanal e agrícola

Te puede interesar