Gastronomía, artesanía e música encherán de contido o naronés Mercado da Primavera

Gastronomía, artesanía e música encherán de contido o naronés Mercado da Primavera
A concelleira Mar Gómez

Produtos gastronómicos e artesanais, así como música para animar o ambiente, serán os ingredientes principais do Mercado de Primavera que o Concello de Narón organizará do 15 ao 17 deste mes no parque fluvial do río Freixeiro. A cita, presentada onte pola concelleira de Festas, Mar Gómez, terá tres áreas totalmente diferenciadas: un mercado cunha decena de postos de venda e exposición de produtos; un mercado gastronómico con dez foodtrucks; e un apartado musical con catro actuacións previstas para as xornadas do sábado e do domingo.

A actividade comezará o venres 15 coa apertura unicamente dos postos gastronómicos, que permanecerán abertos entre as 18.00 e 00.00 horas. “Haberá unha zona con mesas e cadeiras para que a xente poida sentarse e degustar a comida que se servirá”, comentou Gómez.

Comida xaponesa, galega, italiana, mexicana ou doces serán algunhas das especialidades entre as que poderán elixir os visitantes. Tamén haberá comida especial para persoas celíacas.
Os postos do mercado de produtos abrirán tanto o sábado como o domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Neles poderase atopar desde produtos da horta, froitas, artigos ecolóxicos ou mesmo de xardinería, moda ou artesanía.
Os postos de gastronomía abrirán o sábado de 11.00 a 16.00 e de 18.00 a 00.00 horas, e o domingo de 18.00 a 23.00 horas.

Concertos
O programa complementarase, segundo se anunciou onte, con varios concertos. O sábado 16, ás 12.00 horas, será a quenda para Miguel Alonso. A 3D Band amenizará a festa pola noite, a partir das 21.00 horas.


O domingo, Matthew Ward actuará ás 12.00 horas, mentres que pola tarde, a partir das 20.00 horas, ofrecerá un concerto a cedeiresa Irene Caruncho, gañadora da cuarta edición do concurso La Voz, de Tele 5.
Ademais, os visitantes terán oportunidade de ver algunhas caravanas que permanecerán estacionadas na zona do parque.

“Queremos animar ás veciñas e veciños a que se despracen ao parque fluvial de Freixeiro a vindeira fin de semana e aproveitar a ocasión de ver os produtos que alí se venderán, así como desfrutar da completa oferta gastronómica da cita”, apuntou a concelleira.

Gastronomía, artesanía e música encherán de contido o naronés Mercado da Primavera

Te puede interesar