Os Reis Magos percorrerán Ferrol coas súas sete carrozas

Os Reis Magos percorrerán Ferrol coas súas sete carrozas
a familia simpson estivo onte en amboaxe luis polo

Un total de sete carrozas compoñen a comitiva das Súas Maxestades de Oriente no Concello de Ferrol que percorrerá as rúas do centro da cidade durante a tarde do sábado. Tres para cada un dos reis e os seus paxes, e outras catro con Aladino, a Porta do Dique, Contos Populares e o carbón. Será en torno ás 17.00 horas cando desembarquen no peirao de Curuxeiras.

Tralo seu traslado a Ultramar, Melchor, Gaspar e Baltasar partirán da rúa Venezuela contra das seis do serán, para dirixirse cara á estrada de Castela en dirección ao centro da cidade repartindo alegría e caramelos sen glute. Pasarán pola rúa Colombia; estrada de Castela; rúas Cataluña, Cuntis, Roi Xordo, María, Rubalcava, Real, Méndez Núñez e Dolores ata chegar á praza de Armas. Será entón, logo de preto de dúas horas de percorrido, cando os Reis Magos recibirán na entrada do pazo municipal aos nenos e nenas para recoller as súas peticións.

 

cabalgata en canido

En Canido os Reis adiantaranse e hoxe, ás seis da tarde, Melchor Gaspar e Baltasar sairán do local da AVV para facer un percorrido polas rúas do barrio e saudar aos veciños.

Por outra banda, o Mercado de Nadal da praza de Amboaxe acolle, tralo paso dos Simpson onte, a Pocoyó, Bob Esponja e outros populares personaxes infantís. Será entre as cinco e as seis da tarde. Tamén haberá música desde as seis polas rúas do centro da cidade.

 

Os Reis Magos percorrerán Ferrol coas súas sete carrozas

Te puede interesar