Os colores do Deportivo tamén se sinten na cidade naval no apoio á captación de abonados

Os colores do Deportivo tamén se sinten na cidade naval no apoio á captación de abonados
Xosé María Dobarro, xunto ó seu neto Yago

O Deportivo lanzou esta tempada una campaña de abonados na que os seareiros son os claros protagonistas. Así o conta o propio lema deste ano “Ti es a nosa historia”, un agarimo a afección co longo dos anos fixo grande o clube blanquiazul co seu constante apoio.
Uns dos moitos seareiros que acudiron cando comezou a campaña de abonos foron dous deportivistas, Xosé Mª Dobarro e o seu neto Yago, que remataron convertíndose nunha das imaxes promocionais do Deportivo na campaña de socios.
Non era esa a súa idea cando ámbolos dous foron renova-lo seu abono. “Fun abonado dende os anos 90, pero había sobre cinco ou seis tempadas que non collía o abono ó deixar de vivir na Coruña”, relata Xosé María, que aínda así “ía as veces” a Riazor.
Mais todo mudou coa chegada do seu neto Yago, o que él define coma “un deportivista total”, aínda que “nunca viviu na Coruña”. “Xa ten 16 anos e decidimos que xa era hora de coller o abono e viaxar cada 15 días a Riazor”, relata o avó do rapaz.
“Era o primeiro día da campaña de abonos e fixemos cola antes de poder retirar os carnés. Despois de collelos pedíunos unha fotógrafa que levaba unha camisola do Dépor se nos podía sacar unha fotografía”, comentou Dobarro, que posou a carón do seu neto nun dos asentos, réplicas dos que hai en Riazor, e coa imaxe da nova campaña de abonados ó fondo.
Puido quedarse só nunha instantánea coma recordo dese día pero o Deportivo pediulles permiso para empregala de xeito promocional, cousa que lles sorprendeu, aínda que non puxeron “ningún problema”.
“Díxome xente que a nosa imaxe estaba na páxina web do clube e incluso Enrique Calvete (conselleiro económico do Deportivo), que é un bo amigo, mandoume a foto”, indicou. Unha anécdota que non é a única. O seu neto, ademáis de ser un gran seareiro do Depor, pese a non vivir na cidade herculina, reside en Ferrol e xoga no coxunto do Narón. A pesar da sá “rivalidade” entre as dúas cidades o avó asegura que levan a situación con total normalidade.

máis de 25.000 socios
Os abonados do Depor aumentan cada día e actualmente son 25113, números que lembran épocas pasadas.
Non hai que esquecer que houbo momentos pretéritos nos que o conxunto blanquiazul chegou a superar os 30.000 abonados. Foi no curso 2002-03, co Deportivo pelexando con Real Madrid e Barcelona pola Liga. Remataría terceiro, con 72 puntos, a seis do campeón, o clubemerengue. Eran anos de competicións europeas, de Champions, do “Centenariazo” na anterior tempada. Logo virían cursos máis complicados e o descenso á Segunda. Pero, aínda cando peor era a situación para o clube, tanto deportiva coma nos despachos, os seareiros sempre apoiaron o equipo e, non só no campo. Tamén fixéronno acudindo por ducias para abonarse.
Unha mostra foi que na primeira temporada de José Luis Oltra, na Segunda División, o equipo sumaba máis abonados que en Primeira. Houbo, ademáis, máis de 6.000 novas altas.
Tras lograr a meta dos 25.000 o Deportivo mira xa cara os 30.000, cifra máxica que esperan volver a repetir. Afeccinados como Xosé María e o seu neto son a proba de que os seareiros do clube son fieis a unhas cores e a súa mellor publicidade.

Os colores do Deportivo tamén se sinten na cidade naval no apoio á captación de abonados

Te puede interesar