O curro da Capelada reuniu máis de 200 bestas na tradicional Rapa

O curro da Capelada reuniu máis de 200 bestas na tradicional Rapa
Rapa das Bestas en la serra da Capelada

Os amantes dos cabalos tiveron onte unha cita ineludible na serra da Capelada. A Rapa das Bestas, unha tradición que desde hai dous anos encárgase de organizar a Asociación San Andrés Eventos coa colaboración do Concello de Cedeira, reuniu onte a máis de 200 animais que viven en liberdade e que nesta festa se xuntan no curro para lles cortar a crina do pescozo e do rabo.


A xornada de onte foi, porén, “a fin de festa” dunha intensa semana de traballo para os membros da organización –que contaron coa colaboración de amigos e doutros cabaleiros– para ir preparando a baixada dos cabalos ata a zona de celebración da festa. Algúns, tal e como explicaba onte o presidente da entidade organizadora, Jorge Bellón, están preto, mais noutros casos atópanse a uns kilómetros de distancia.
Tralo traballo desenvolvido o sábado para desparasitar aos animais, onte foi a quenda, logo de reunir a todos os animais no curro, para a “rapa” en sí mesma, coa que se pretende que queden máis saneados e frescos de cara a chegada do verán. Tamén se fai a marcaxe daqueles que o precisan así como o tradicional mercado de gando que tamén forma parte do ritual da festa.

Probas
Moitos dos asistentes puideron xantar xa preto do curro na carpa situada para a ocasión na que se serviu churrasco e carne ao caldeiro. Puideron así repoñer forzar para afrontar a xornada vespertina, que deu comezo sobre as 16.30 horas co inicio das carreiras libres, nas que houbo competicións de galope e andadura cerrada e chapeada.

A organización repartiu arredor de 1.800 euros en premios entre os gañadores, así como sacos de penso.
A Asociación San Andrés Eventos, que o pasado ano tomou as rendas da organización, quere revitalizar unha cita de especial significado para a comarca do Ortegal e coa que tamén colabora a Deputación da Coruña e o distrito forestal da zona.


Ademais, tal e como hais uns días salientaba o alcalde en funcións da vila, Pablo Moreda, “forma parte do noso legado cultural e patrimonial e xoga un papel moi importante no saneamento do gando”.

O curro da Capelada reuniu máis de 200 bestas na tradicional Rapa

Te puede interesar