Adega reclama outro modelo de xestión do lixo que priorice máis a reciclaxe en contra da queima

Adega reclama outro modelo de xestión  do lixo que priorice máis a reciclaxe en contra da queima
Contenedores basura

Adega Ferrolterra celebra esta tarde no antigo hospicio ás 19.45 horas unha charla con posterior debate na que se falará de se é posible ou non implantar outro modelo de xestión do lixo na comunidade.
Desde a plataforma ecoloxistas sosteñen que o modelo actual “prioriza a incineración en vez do reciclaxe, beneficiando a Sogama e a determinadas empresas envasadoras”. Segundo explican, “Sogama en 20 anos de actividade, soamente recuperou un 10% dos envases xerados e soamente recicla un 3% dos residuos que recibe”. Isto, engaden, “indica o fracaso do sistema de colector amarelo desta compañía”.
Tamén salientan que en Europa xa hai concellos que acadan taxas de reciclaxe entre o 60 e o 80% dos residuos. O que fai Sogama, aseguran, é ben distinto, pois “eliminan os vertedoiros en terra pero os traspasan á atmósfera a través da incineración, coa conseguinte produción de gases de efecto invernadoiro e a produción de grandes cantidades de cinzas contaminantes”.
Tamén sosteñen que o actual sistena de recollida obriga a misturar moitos tipos de residuos diferentes, o que impide unha boa recuperación. Tamén consideran que se debe primar o retorno dos envases como en Europa e non favorecer a empresas como Ecoembes, da que forman parte grandes multinacionais.

Adega reclama outro modelo de xestión do lixo que priorice máis a reciclaxe en contra da queima

Te puede interesar