Música, moda, gastronomía e artesanía no menú do Mercado da Primavera de Freixeiro

Aos postos de gastronomía, que onte abriron as súas portas, sumaranse hoxe e mañá todos os demais | jorge meis
|

O contorno do parque fluvial do río Freixeiro, en Narón, toma desde onte a forma dun Mercado de Primavera no que os asistentes terán á súa disposición un amplo abano de produtos, desde os procedentes da horta ata os relacionados coa moda ou a artesanía, entre moitos outros. Todos permanecerán abertos hoxe e mañá de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas–. Xunto a estes, estarán presentes a decena de “food trucks” que xa onte abriron as súas portas e que hoxe e mañán ofrecerán variados menús e especialidades de diferentes países desde as once da mañá e a partir das seis pola tarde.
A música terá tamén o seu espazo nesta primeira edición da cita organizada polo Concello de Narón. Así, hoxe ás 12.00 horas actuará Miguel Alonso e ás 21.00 horas 3D Band. O domingo será o turno para Matthew Ward, ás 12.00 horas, e para a cedeiresa Irene Caruncho, que ofrecerá un concerto ás 20.00 horas.

Música, moda, gastronomía e artesanía no menú do Mercado da Primavera de Freixeiro