A recuperación da Festa da Faba de Moeche atrae a centos de persoas

A recuperación da Festa da Faba de Moeche atrae a centos de persoas
Feira fabas Moeche.

A recuperación da Feira da Faba de Moeche, como tradicionalmente se denominaban as feiras mensuais que entre outubro e novembro tiñan lugar no municipio, contou onte cunha gran acollida.
“A verdade é que estamos moi contentos porque se venderon ao redor de 300 racións de fabada –a tres euros cada unha– e a xente animouse a vir a pesar do tempo, aínda que nos deu unha tregua pola mañá”, comentó a alcaldesa Beatriz Bascoy.
Había máis de vinte anos que esta costume non se levaba a cabo, polo que dende o Concello quixeron recuperar a iniciativa “pola tradición de feiras que ten o municipio e a parte cultural que engloba, e tamén por dinamizar o recinto ferial xa que só se utilizaba dúas veces ao ano”, explicó a rexidora municipal.
Foron oito os postos de fabas que se animaron a participar nesta nova edición, onde catro eran da comarca –O Val, Moeche, San Sadurniño e Ferrol– e o resto de Lourenzá –Lugo–. “Moitos deles acabaron a mercancía antes de rematar a feira e en total venderon máis de 600 kilos da mercancía, o que ten que servir, ademáis, para animar aos produtores, sobre todo locais, a volver a plantar fabas, xa que hai anos viñan dende Asturias a comprar este tipo de legumes a Moeche”, destaca Beatriz Bascoy, quen apunta que foron moitos os veciños que, de sabelo con tempo, poñerían un posto. A degustación da fabada correu a cargo da AVV de Lavacengos.

actividades para os nenos
A pesar de ter instalada unha carpa, a chuvia estragou por momentos aos postos de artesanía que se encontraban ao aire libre, aínda que iso non impediu que a xente seguise enchendo o recinto ferial ata pasadas as dúas da tarde.
Os nenos foron uns dos grandes protagonistas da xornada, xa que puideron participar no obradoiro infantil de cociña creativa do Samaín, ademáis de coñecer as oportunidades cotiás para conservar o medio a través da reciclaxe na aula móbil “Isto non é unha lata”, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama.
A celebración dun sorteo de lotes de produtos entre os asistentes tamén animou a moitos a quedarse ata o final. E como non hai festa sen música, o grupo tradicional No Cómbaro foi o encargado de amenizar a xornada a partir do mediodía.
Analizados os resultados, todo indica a que a Feira do Mel e a do Cabalo xa contan cunha nova compañeira no calendario. n

A recuperación da Festa da Faba de Moeche atrae a centos de persoas

Te puede interesar